SOGAMIC Sociedade Galega de Microbioloxía Clinica/Sociedad Gallega de Microbiología Clínica www.sogamic.org
Ferrol, 27 de xuño de 2008
Exma. Sra. Dna. María José Rubio Vidal Conselleira de Sanidade da Xunta de Galicia
Agora que os hospitais das fundacións públicas pasan a formar parte do Servizo Galego de Saúde, débense garantir todos os medios necesarios para que o exercicio da medicina teña o nivel de excelencia que gozan os centros da rede pública. Parte desta excelencia vén derivada do correcto diagnóstico, tratamento e control das enfermidades infecciosas. É moi importante que este diagnóstico se faga de forma rápida e certeira por profesionais especialistas en microbioloxía que deben formar parte das plantillas dos hospitais que se incorporan á rede sanitaria.
O traballo do microbiólogo clínico ten un impacto directo na saúde da comunidade, xa que é a fonte máis fiable para coñecer a etioloxía das enfermidades infecciosas e as poboacións microbianas sempre cambiantes. Ademais identifica novos patóxenos e documenta os patróns de resistencia aos antimicrobianos. A actividade dos microbiólogos non só limítase á atención individual dos pacientes, achegando datos indispensables para o diagnóstico e o tratamento, senón tamén para unha responsabilidade social polos aspectos epidemiolóxicos do seu traballo.
Esperando que os novos hospitais dispoñan de especialistas en microbioloxía na súa plantilla, a Sociedade Galega de Microbiologia Clínica, unha vez máis, pon á súa disposición toda a axuda necesaria na difícil tarefa de dirixir a sanidade dá nosa comunidade.
José Andrés Agulla Budiño Presidente da SOGAMIC
|